UGT maioría nas eleccións sindicais das tendas DECIMAS da provincia

Versión para impresiónVersión para impresión

No día de onte celebraronse as eleccións sindicais, promovidas por Comisións Obreiras, para elixir os representantes sindicais do Comité de Empresa das tendas DECIMAS da nosa provincia. UGT acadou un total de 3 representantes dos 5 que se elixian, cun apoio de 47 votos. O sindicato CC.OO acadou 20 votos y CIG 13. Deste xeito UGT consolida un apoio maioritario e forte das traballadoras e traballadores da marca de roupa deportiva.

Dende a FeSMC UGT queremos agradecer as traballadoras a confianza depositada na nosa organización e trasladar a nosa disposición total na defensa dos intereses da plantilla de DECIMAS da provincia.