
Pepe Álvarez, en Vigo
O Secretario Xeral de UGT Estatal manterá unha asamblea con delegados e afiliados
O vindeiro xoves, 31 de marzo o Secretario Xeral de UGT estatal acudirá a nosa cidade para manter unha xuntanza con delegados e afiliados. O acto será no Auditorio Mar de Vigo as 18h.
MANIFESTACION contra os elevados prezos
Manifestación
O vindeiro mercores, 23 de marzo, saimos a rúa en #Vigo para protestar polos excesivos prezos nos produtos e servizos esenciais que estamos a soportar as traballadoras e traballadores, e as familias en xeral. A Manifestación sairá dende Vía Norte as 19:30h. ACUDE!!!
Solidariedade con Ucrania
Manifestación polo convenio de Residencias de Maiores
Hoxe celebrouse en Vigo unha manifestación para denunciar a precariedade das traballadoras e traballadores das residencias privadas de maiores. Un persoal que padeceu de primeira man os efectos da COVID-19 e que foi, e segue sendo, esencial ante a pandemia. Sen embargo a sociedade non sabe a precariedade laboral a que están espostas estas traballadores cada día, con condicións laborais totalmente indignas e a espensas dunha patroal e goberno autonómico que segue pecarizando a súa situación cada día, negándose a negociar unhas mellores condicións laborais.
#8marzo2022 - A muller no deporte profesional
Este ano, no seo dos actos que a UGT de VIgo realiza co gaio do día internacional da muller, celebrouse na sede comarcal do noso sindicato un foro debate sobre as dificultades as que se enfrentan as mulleres no deporte profesional.
UGT maioría nas eleccións sindicais das tendas DECIMAS da provincia
No día de onte celebraronse as eleccións sindicais, promovidas por Comisións Obreiras, para elixir os representantes sindicais do Comité de Empresa das tendas DECIMAS da nosa provincia. UGT acadou un total de 3 representantes dos 5 que se elixian, cun apoio de 47 votos. O sindicato CC.OO acadou 20 votos y CIG 13. Deste xeito UGT consolida un apoio maioritario e forte das traballadoras e traballadores da marca de roupa deportiva.
Por un Convenio xusto para o sector conserveiro
O sector conserveiro está en Folga para esixir un convenio xusto para as traballadoras e traballadores dun sector productivo en débeda cos seus traballadores.
Calendario laboral para 2022
Na nosa web xa podes descargarte o calendario de festivos estatais, autonómicos e locais para o vindeiro ano 2022. Fai click aquí e descarga o arquivo que tamén podes compartir por Whatsapp ou RRSS
FICA UGT reclama un convenio xusto para as traballadoras e traballadores de PESCANOVA
Hoxe estivemos novamente na casa do accionista maioritario de Pescanova para reclamarlle unha intervención en favor das persoas traballadoras. As traballadoras e traballadores o que queremos é un convenio xusto para ter unha vida digna.
Papa Noel visita a sede de UGT Vigo
O pasado venres tivemos a visita de Papá Noel á sede de @ ugtvigo . As nenas e nenos puideron entregarlle persoalmente as súas cartas e aproveitamos para facer un taller de manualidades. ♥️ Grazas pola túa visita Papá Noel!!!