Manifestación polo convenio de Residencias de Maiores

Versión para impresiónVersión para impresión

Hoxe celebrouse en Vigo unha manifestación para denunciar a precariedade das traballadoras e traballadores das residencias privadas de maiores. Un persoal que padeceu de primeira man os efectos da COVID-19 e que foi, e segue sendo, esencial ante a pandemia. Sen embargo a sociedade non sabe a precariedade laboral a que están espostas estas traballadores cada día, con condicións laborais totalmente indignas e a espensas dunha patroal e goberno autonómico que segue pecarizando a súa situación cada día, negándose a negociar unhas mellores condicións laborais. Por iso saímos a rúa para que a cidadanía coñeza a realidade das traballadoras e traballadores que atenden diariamente os nosos maiores. Unha vergoña que debe coñecer a sociedade e que queremos denunciar.