Día Internacional da Muller

O Mar e a Pedra

Cartel 8M UGT Vigo 2023
Versión para impresiónVersión para impresión

Con motivo da celebración do 8 de marzo,“Día Internacional da Muller ”, están convocados os seguintes actos:

1) Mesa redonda sobre “ A Muller desde unha perspectiva de xénero no eido do mar e do granito” que comenzará ás 11 horas no Salón de Actos de UGT Vigo e na que participarán as seguintes persoas:

• Consuelo Romar Castiñeira; Licenciada en Máquinas Navais e titulada como Xefa de Máquinas. Exerceu como Xefa de Máquinas en buques gaseiros e petroleiros; tamén traballou como Supervisora de Calidade nos estaleiros e, actualmente, é docente do Departamento de Máquinas da Escola Náutica Pesqueira de Vigo.

• Carmen Chamorro; Os seus comezos foron como redeira. Na actualidade é Patroa de Altura e foi a primeira muller que sacou o título profesional na Escola Náutica Pesqueira de Vigo e tamén é a Presidenta de ACERGA (Asociación de Armadores do Cerco).

• Estrella Pereira Filgueira; traballadora de Granilouro. Actualmente é a Encargada do Taller de Corte de Pedra.

Ás 12 h procederase á entrega da estatuilla á compañeira destacada sindicalmente

2). Concentración diante da nosa sede ás 12:15 horas.

Subtítulo: 
O Mar e a Pedra