
No día de onte celebrouse, como cada ano, celebraronse as Xornadas Sindicais da Muller na cidade de Vigo. Esta iniciativa que xa vai pola súa 26 edición, está organizada pola Unión Comarcal de UXT Vigo e xa se transformaron centro de debate e análise da evolución e estratexias a levar a cabo en materia de igualdade e eliminación de estigmas e actitudes no referente o papel das traballadoras.
Neste foro participan mulleres e homes de todos os sectores produtivos e este ano puidemos contar coa presenza institucional do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que tamén quixo ratificar o seu compromiso ca defensa e a loita que desde a época franquista demostraron tanto a UXT como o PSOE a través das mulleres que marcaron a historia da nosa sociedade na defensa dos dereitos das mulleres traballadores, a pesar de pagar un prezo moi alto por iso.