Novas
E. Fontanes, Sº Xeral UGT Vigo: Desafío soberanista catalán
Apoio en Vigo a reconducir a legalidade
A opinión de Ernesto Fontanes, Secretario Xeral de UGT Vigo , o pasado 28/10/2017 no Atlantico Diario: "Non se poden cambiar as cousas desde unha posición unilateral". Fontanes lembrou que UGT "é un sindicato constitucionalista e por tanto cremos que as cuestións se cambian dende a democracia e o respecto ás leis" e que "nunca se poden cambiar as cousas desde unha posición unilateral". O líder de UGT en Vigo subliña que "se queremos cambiar algo ten que ser sobre o consenso e dentro da legalidade".
UGT alerta das graves consecuencias da subida do prezo da luz para moitos fogares
Esta semana produciuse o maior aumento do seu prezo neste ano e esta situación pódese agravar durante o inverno polas circunstancias climatolóxicas.
O sindicato insiste, entre outras medidas, na necesidade de reducir a fiscalidade da electricidade, igual que doutras subministracións básicas, e aplicar un IVE súper reducido. É por isto que celebra que o Defensor do Pobo sitúese tamén na liña da necesidade de reducir do Imposto sobre Valor Engadido para os recibos de luz.
UXT considera que o bono social recentemente regulado polo Goberno non garante que os consumidores poidan acceder á subministración básica de electricidade en condicións de igualdade nin protexe ás persoas máis vulnerables. Ademais, é claramente insuficiente para evitar os cortes de subministración en casos de pobreza extrema.
O bono social proposto polo Goberno establece criterios baseados fundamentalmente nos ingresos, o número de membros das familias e o límite de consumo, sen ter en conta que a maioría destes fogares son energéticamente ineficientes e mesmo, o gasto medio de consumo en fogares energéticamente pobres ten un consumo superior ao límite que se estableceu no Real Decreto.
Xornadas sobre a Formación Programada polas Empresas
Celébrouse en #UGTVigo unhas xornadas informativas, dirixidas a representantes dos traballadores, sobre a #Formación programada polas empresas.
Nestas xornadas, abertas por José L. Fedz Celis (S° Organización de UXT Galicia) e clausuradas por Ernesto Fontanes (S° Xeral de UXT Vigo), e da man de Carmen Van-Baumberghem explícanse todos os pormenores desta vía formativa organizada polas empresas e financiada por fondos aos que tamén achegan os traballadores a través das súas nóminas.
A obrigación de informar os representantes dos traballadores, a normativa e as esixencias reguladas, expóñense aos asistentes.
#UGTVigo #UXT #FUNDAE #Galicia #Vigo #Formación