UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

Novas

Cada vez máis baixa e preocupante cobertura de desemprego

UGT-Galicia considera que o dato do paro rexistrado do mes de agosto en Galicia non pode ocultar os altos índices de rotación laboral e precariedade, eivas que están lastrando ao mercado laboral da nosa Comunidade. Como consecuencia desta debilidade do mercado laboral galego, a taxa de cobertura das persoas desempregadas en Galicia e do 53% deixando fora do sistema de protección por desemprego a 84.830 persoas, sete puntos por baixo da cobertura estatal. Esta mesma debilidade traslúcese no feito que tanto as mulleres como os mozos menores de 25 anos seguen sendo os colectivos máis prexudicados polo desemprego en Galicia.

En Galicia aumenta o paro no mes de agosto nun 0,62%, con moita menor intensidade que no Estado, onde o fai cun 1,50%. É destacable que despois de seis anos de baixadas do paro rexistrado no mes de agosto, este ano, en Galicia, sube. Hai, polo tanto, 164.424 persoas desempregadas en Galicia, 1.012 máis que no mes anterior. No Estado hai 3.182.068 persoas desempregadas, o que representa un aumento de 47.047 persoas desempregadas.

Se temos en conta a variación interanual, hai en Galicia unha contracción do 9,2%, 16.701 persoas desempregadas menos e neste caso tamén cunha contracción moito maior que na media estatal, onde a baixada foi do 6% (200.256 desempregados menos).

Ler máis...

O subsidio para maiores de 52 anos, voltará as mesmas condicións que estaba en 2011

O Goberno central vai recuperar " o subsidio para maiores de 52 anos, nas mesmas condicións que estaba en 2011".

Así o manifestou aos medios na súa visita a Albacete, incidindo en que se volverá á situación que había "antes das reformas de 2012 e de 2013, cando se ampliou a idade aos maiores de 55 e ampliaron os requisitos de acceso", restrinxindo así a posibilidade de acceder a unha prestación a este colectivo nun momento "de especial dificultade".

 

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego do sindicato e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 

R/ García Barbón, 67             36201 Vigo
Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email:  ugtvigo@galicia.ugt.org

Delegación

UGT Porriño

​Antonio Palacios, s/n
36400-Porriño
986336552

UGT Vigo nas RRSS

 

        

 

 V igo_2017_FomentoAsoc.jpg

 

Vigo_2017_FomentoEmp.jpg

 

PAE_ACTIVIGO_2017.jpg

 

 

 

Videos da UGT

 

únete a nós

Facebook