Novas
UGT e CCOO reclaman un cambio radical de políticas económicas para xerar máis crecemento, máis emprego de calidade e a diminución das desigualdades
Os sindicatos fan balance da lexislatura e achegan propostas para mudar o rumbo

Ascomisións executivas de UGT-Galicia e do Sindicato Nacional de CCOOen Galicia presentan un documento no que debullan a lexislatura queremata en Galicia. Os sindicatos acompañan este balance de propostaspara cambiar o rumbo da situación actual e tratar de consolidar uncambio das políticas económicas, co obxectivo de garantir un novomodelo de crecemento máis equilibrado e sostible, xerador de empregode calidade e que avance na diminución das desigualdades.
Os dous sindicatos consideran que a lexislaturaque agora remata é un período marcado pola crise, polas políticaserróneas, polos recortes de dereitos laborais, polo retroceso nonivel de vida, pola deterioración dos servizos públicos básicos epola crise de todo o aparello produtivo.
Xa se cumpriron nove anos de crise e, se ben écerto que a economía galega está comezando a medrar —a un ritmodo 3 % no segundo trimestre—, esta suba non ten aínda unhacorrelación directa no emprego, que só medra nun 1,8 %. E asívén sucedendo nos últimos trimestres.
Estamos en:
R/ García Barbón, 67 36201 Vigo
Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email: ugtvigo@galicia.ugt.org
Delegación UGT Porriño |
Antonio Palacios, s/n 36400-Porriño 986336552 |
Enlace as webs das Federacións: