gototopgototop

 

Concentracións no día de hoxe en Vigo
Viernes, 03 de Agosto de 2012 11:56

Os ataques continuos o sector público e os seus traballadores levaron

 a rua a numerosos cidadáns no día de hoxe. As 11:00 e de xeito simultaneo, concurriron numerosos participantes nas duas concentracións mais significativas da cidade.

Diante do edificio admministrativo da Xunta de Galicia en Vigo, os traballadores públicos apoiados por moitos outros traballadores e cidadáns en xeral, concentráronse para reivindicar o dereito dos traballadores das administracións públicas galegas e o respeto hacia uns entes que prestan un importante servicio os cidadáns.

Na estación de RENFE en Guixar, os traballadores do sector ferroviario cocentraronse contra a privatización dun elemento esencial para a cidadanía; o servicio de transporte ferroviario. Servizo público que o PP quere privatizar de xeito inminente. Asemade hoxe celebrase unha xornada de folga nos servizos ferroviarios españois, o que supuño unha patente paralización dos servicios diarios.

 
RocketTheme Joomla Templates