UGT Vigo

e comarca

2021, o obxectivo debe ser manter os ERTE e derrogar as reformas laborais

Os datos de paro e afiliación confirman, unha vez máis, a absoluta dependencia da actividade e o emprego da evolución da pandemia, por tanto, falar de emprego supón garantir en primeiro lugar a saúde da poboación e acelerar o proceso de vacinación que acaba de iniciarse.

Mentres tanto, é vital seguir protexendo as rendas e os empregos en empresas e fogares. Non é o momento de escatimar recursos, senón de investir. Un primeiro paso para iso foi a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado para 2021, pero tamén é imprescindible prorrogar o actual acordo dos ERTE, que termina o 31 de xaneiro. Este acordo debe servir para axudar ás empresas, pero ao mesmo tempo debe garantir a permanencia do emprego unha vez superada a crise, é dicir, evitar despedimentos.

Doutra banda, é preciso que aumente o Salario Mínimo Interprofesional, porque a súa conxelación é inxusta, para os traballadores e traballadoras que menos gañan, e contraproducente para a economía e o emprego e acordar, canto antes, un novo Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva que substitúa ao que finalizou o 31 de decembro.

O Sindicato considera que as organizacións empresariais deberían abandonar a actitude de bloqueo e apoiar estas dúas actuacións, tal e como fixeron ata o de agora cos acordos sobre ERTE.

UGT-Galicia lembra que o impacto da pandemia non pode ocultar os desequilibrios esenciais do noso mercado laboral, sobre todo, a elevada precariedade, que fai que moitos empregos sexan fráxiles, volátiles e pouco produtivos. Neste sentido, é urxente acometer a derrogación da reforma laboral de 2012, como paso previo para construír un novo marco laboral máis equilibrado e eficiente, que permita que a próxima reactivación realícese sobre a base da creación de emprego de calidade, estable, seguro, máis produtivo e mellor retribuído.

Baixando á realidade estatística, a cifra de desemprego sitúase en Galicia no mes de decembro en 189.587, medra con respecto a novembro en 2.115, 1,13% (menos acusada é no conxunto do Estado, que medra o 0,96%).

En termos interanuais, o desemprego increméntase en 24.279 persoas, o 14.69% máis en Galicia, e 724.532 parados máis no Estado, máis acusado na media estatal, o 22.9%. As cifras falan por si mesmas, 189.587 desempregados en Galicia e 3.888.137 no Estado.

O incremento do desemprego en Galicia en termos interanuais sitúase ó ritmo da crise de 2008

O aumento en Galicia do desemprego en termos interanuais, como se comproba no cadro de evolución, sitúase nos volumes de crecemento da crise do 2008.

 

Estamos en:

R/ García Barbón, 67             36201 Vigo

Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email:  ugtvigo@galicia.ugt.org

Delegación

UGT Porriño

​Antonio Palacios, s/n
36400-Porriño
986336552

 

Enlace as webs das Federacións:
 
 

 

 

UGT Vigo nas RRSS

 

        

 

 V igo_2017_FomentoAsoc.jpg

 

Vigo_2017_FomentoEmp.jpg

 

PAE_ACTIVIGO_2017.jpg

 

 

 

Facebook