UGT Vigo

traballadores de Vigo e comarca

Novas

UGT-Galicia denuncia que un mes máis, emprego temporal, estacional e precario

En Galicia, para consolidar un afiliado á Seguridade Social, fanse máis de dez contratos

Os datos de desemprego feitos públicos hoxe evidencian, un mes máis, emprego temporal, estacional e precario. É dicir, á vista das estatísticas constátase que o mercado laboral é fráxil e inxusto. Ademais, tamén resulta evidente que a precariedade non impera só no emprego, senón tamén no desemprego. Por todo isto, UGT-Galicia considera que urxe a derrogación das dúas últimas reformas laborais, que se repoñan os dereitos dos traballadores e ampliar a protección por desemprego, modificando os criterios de acceso ás prestacións e establecendo actuacións no marco das políticas activas de emprego públicas.

Os datos do paro do mes de marzo indican que en Galicia este baixou un 1,7%. Hai nesta Comunidade un total de 170.841 persoas en situación de desemprego, 2.868 menos que no mes anterior. No resto do Estado a baixada foi dun 1% e hai 3.255.084 persoas desempregadas. En relación a hai un ano, o paro baixou un 7,7% en Galicia e un 4,9% no resto do Estado.

Un mes máis, as mulleres seguen a ser as grandes prexudicadas. Así, o desemprego baixou en Galicia un 2,9% entre os homes e tan só un 0,7% entre as mulleres. O 57,7% do total das persoas desempregadas en Galicia son mulleres, é dicir, 98.543 mulleres fronte a 72.298 homes.

Hai 8.450 mozos e mozas en situación de desemprego, caendo o paro neste grupo de idades, menores de 25 anos, nun 1,3% no mes e nun 7,4% no ano.

Por sectores de actividade, a contracción rexístrase en todos os sectores. 4,8% no primario; un 3,7% na construción; 2,4% na industria; e 1,5% nos servizos. Tan só medra no colectivo de sen emprego anterior, nun 1,3%.

En termos anuais o paro tamén baixa en todos os sectores, con porcentaxes moi elevadas na construción, o 21,1%, na industria, o 10,5%, o 8,3% no primario, igual que no colectivo de sen emprego anterior, e no que menos nos servizos, nun 5,2%.

Ler máis...

Por fin o INDULTO para Carlos e Serafín

Tras case oito anos de loita, presións e movilizacións, por fin poidemos ver alcanzado o obxetivo cumprido: Carlos e Serafín foron indultados de unha inxusta condea froito la ley mordaza.

Durante este tempo, co apoio da cidadanía, PSdeG, concello, asociacións e o resto de centrais sindicais, insistimos na necesidade de retrotraer unha situación inxusta que condicionou a vida persoal de dous traballadores que defendian o seu dereito a un convenio xusto.

Recentemente o noso Secretario Xeral da Unión Comarcal de Vigo, Ernesto Fontanes, mantivo reunións co máximo responsable dos socialistas galegos Gonzalo Caballero na procura da resolución do Consello de Ministros para acadar o indulto. A implicación do lider dos socialistas galegos foi clave neste resultado, xa que dende que se fixo efectivo o cambio do goberno central, insistiu na necesidade de revertir a situación destes dous traballadores. Finalmente o pasado venres foi aprobado e este luns saia publicado no BOE a concesión de indulto que os libraría de ingresar en prisión durante tres anos.

Dende a nosa organización queremos reiterar, unha vez mais, o noso agradecemento a todas as persoas públicas e anónimas que nos apoiaron cada xoves de cada mes durante estes anos. Tamén o PSdeG e os seus dirixentes que intermediaron na procura do xa efectivo INDULTO. GRAZAS!!!.

Ambulancias en FOLGA

O pasado 23 de xaneiro, as asembleas de traballadores do sector das ambulancias en Galicia, tomou a decisión unánime de convocar FOLGA na nosa comunidade ante os ataques sistematicos o convenio galego de transporte sanitario. Un convenio que leva sen actualizarse dende fai mais de tres anos e que agora pretenden reducir. Ante esta actitude da patronal, a partir do próximo día 8 de febreiro, as AMBULANCIAS DE GALICIA estarán en FOLGA. Hoxe celebraronse concentracións en todalas cidades de Galicia, en sinal de protesta e para informar a cidadanía da folga.

 

 

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego do sindicato e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

 

R/ García Barbón, 67             36201 Vigo
Teléfono: 986443428
Fax: 986228926
Email:  ugtvigo@galicia.ugt.org

Delegación

UGT Porriño

​Antonio Palacios, s/n
36400-Porriño
986336552

UGT Vigo nas RRSS

 

        

 

 V igo_2017_FomentoAsoc.jpg

 

Vigo_2017_FomentoEmp.jpg

 

PAE_ACTIVIGO_2017.jpg

 

 

 

Videos da UGT

 

únete a nós

Facebook